top of page

Forno denuncia "o oportunismo de Crespo ao sumarse ás comunidades enerxéticas que rexeitou durante anos"

Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista de Lalín, Alba Forno, criticou onte que o alcalde deste municipio, José Crespo, “se suba agora ao carro das comunidades enerxéticas, non porque crea nelas, senón porque llo pide a Deputación, tras anos de rexeitamento sistemático a esta iniciativa cando foi proposta polo PSdeG”.

"Os socialistas xa levamos no noso programa electoral de 2019 a posta en marcha dunha comunidade enerxética en Lalín e reiterámolo no de 2023. Mesmo a comezos do pasado ano, presentamos esta proposta por rexistro instando ao goberno local a aproveitar os

fondos europeos do Plan de Recuperación específicos para este tipo de iniciativas. A

resposta foi o silencio e o desprezo, como sempre que as propostas veñen da nosa

bancada", lembrou Forno.


A concelleira lamenta que "por puro afán partidista e non por interese cidadán, o PP de Lalín decidise mirar cara outro lado e rexeitar unha oportunidade única para impulsar o

aforro enerxético, a sustentabilidade e a participación cidadá no modelo enerxético do

futuro. Agora Crespo ten a desfachatez de facerse unha foto dicindo que apoia as comunidades enerxéticas, cando perdeu seis anos de mandato sen facer absolutamente nada. Mentres tanto, concellos veciños como Silleda, con goberno socialista, teñen xa proxectos moi avanzados neste ámbito”, engadiu.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o PSdeG-PSOE de Lalín denuncian que esta viraxe do goberno local non responde "a unha convicción real, senón á obriga de aparecer no decorado da foto da Deputación". “Chegan tarde, sen proxecto, sen estratexia e sen ilusión. O PP de Lalín leva anos instalado na improvisación e no marketing, pero completamente alleo ás grandes transformacións que xa están en marcha”.


Forno cuestiona que os seis anos perdidos tamén son seis anos de aforro enerxético perdido para os edificios públicos e para as familias. "Se Crespo e o seu equipo tiveran

altura de miras, hoxe Lalín podería estar liderando a transición enerxética na comarca. Pero por desgraza, o seu sectarismo e falta de visión fixeron que esta oportunidade pasase

diante das nosas portas sen que a aproveitasen", concluíu Alba Forno. A concelleira aproveita para reafirmar o seu compromiso cun modelo de vila máis sostible, eficiente e participativa, e lembra que os socialistas traballarán para que Lalín teña un goberno que aposte verdadeiramente por un novo modelo enerxético.


NOTICIA RELACIONADA:





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page