top of page

Forno denuncia "o descontrol do parking Europa" e reclama a devolución das cotas aos abonados

O PSOE de Lalín reclaman un sistema xusto de uso, control e mantemento para recuperar a función comercial e social do aparcadoiro


Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral e voceira municipal do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, denunciou onte o “caos e o descontrol no que o goberno de Crespo converteu o parking Europa, cun sistema de gratuidade permanente sen ningún tipo de control que supón un “agravio directo” para as decenas de abonados que seguen pagando unha cota mensual de 30 euros". “Hoxe calquera persoa pode usar o parking exactamente co mesmo servizo que un abonado, pero sen pagar nada. Isto é inxusto, discriminatorio e profundamente irresponsable”, afirmou.

Forno explicou que os socialistas puideron comprobar “de primeira man” como hai vehículos estacionados durante varios días seguidos sen que exista ningún tipo de control

nin consecuencia. “Hai coches que permanecen no interior do parking durante días enteiros e non pasa absolutamente nada, porque non hai ninguén controlando a instalación”, denunciou. Neste sentido, lembrou que existe unha ordenanza municipal do ano 2022 que establecía sancións de 20 euros por cada 24 horas de estacionamento continuado, e que os empregados colocaban avisos previos aos vehículos, “pero todo iso

xa non se fai porque non hai persoal nin sistema ningún de control”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A voceira socialista cualificou a ordenanza do PP como “unha auténtica chapuza”, ao lembrar que incluso cando se intentou aplicar, “había persoas que sacaban o coche antes

das 24 horas, daban a volta pola praza da Mariña e volvíano meter dentro, reiniciando o tempo desde cero”. “O sistema do PP non hai por onde collelo”, afirmou Forno, quen defendeu un modelo “sensato e equilibrado, cun parking que debe ser gratuíto en horario

comercial, pero debe existir un sistema de cobro simbólico e de control, como había

durante o goberno de coalición, para evitar abusos, garantir rotación e cumprir o seu

verdadeiro obxectivo que é dinamizar o comercio local”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por todo iso, o PSdeG-PSOE reclama a devolución das cotas aos abonados “desde o

momento no que se implantou a gratuidade total”, xa que “están pagando por un servizo que hoxe recibe calquera usuario de forma gratuíta”. “É unha cuestión de xustiza básica”,

subliñou Forno, que tamén esixiu que se implante un novo sistema de uso “xusto, ordenado e funcional” para evitar que o parking “se converta nun cemiterio de coches e

perda completamente a súa razón de ser”.


Ademais, a secretaria xeral socialista denunciou o “estado lamentable da instalación pola

falta de mantemento e abandono do goberno local". “Hai filtracións constantes de auga, grandes bolsas acumuladas que non se limpan, sucidade, deficiencias graves de

iluminación e unha sensación xeral de inseguridade na contorna”, relatou. “O interior e o

exterior do parking presentan un estado calamitoso que está a degradar unha zona central

da vila e que incluso xera medo entre a veciñanza para achegarse a determinadas horas”,

concluíu.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

“Temos un aparcamento sen control, sen xestión, sen mantemento e sen modelo. O resultado é un espazo degradado, inxusto para os usuarios e inútil para o comercio. Isto é exactamente o contrario do que necesita Lalín”, rematou Alba Forno.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page