top of page

Fiúza acusa a Luis Taboada de negar "o risco sanitario na auga en Cruces" que destapou o BNG

O Bloque sinala que "a analítica realizada polo BNG o 7 de novembro, e recibida o día 12, confirma que a auga que chega ás nosas casas non é apta para consumo humano"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces acusa ao alcalde, Luis Taboada, "de engañar á veciñanza e restar importancia a unha situación perigosa, despois de minimizar o estado crítico da auga da traída municipal". O voceiro do BNG, Álex Fiuza, sinala que o rexedor “xoga coa saúde da xente ao ocultar uns datos que son rotundos".

ree

"A analítica realizada polo BNG o 7 de novembro, e recibida o día 12, confirma que a auga que chega ás nosas casas non é apta para consumo humano. O informe revela unha turbidez moi elevada e presenza de Clostridium, bacteria ligada a contaminación fecal. “Fálase de normalidade cando hai risco real. E é irresponsabilidade de quen nos

goberna”, denuncia Fiuza.


O BNG lembra que o estado do Arnego xa é grave antes de chegar ao punto de captación, que a contaminación é real e o goberno mira cara outro lado: "Agolada verte auga insuficientemente depurada cada vez que chove, Rodeiro verte directamente ao río porque nin sequera ten EDAR e a Xunta leva anos incumprindo a súa obriga de construír ou ampliar estas depuradoras".


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Pero Fiuza subliña que o Concello tampouco está a cumprir: "A EDAR de Losón, compartida con Lalín, non funciona e verte ao Deza sen control, a EDAR de Merza rexistra vertidos continuos e o vertedoiro de Campomarzo está filtrando lixiviados ao Toxa, xusto antes do punto de captación que abastece Merza".


“É intolerable que quen ten a responsabilidade de protexer á veciñanza prefira mirar para outro lado. O Concello sabe o que está pasando e non actúa”, critica o portavoz nacionalista.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O BNG reclama medidas contundentes e sen máis demoras:

  • Reclámalle á Xunta de Galiza a construción da EDAR de Rodeiro e ampliar urxentemente a de Agolada.

  • Tamén demanda do Concello de Vila de Cruces a mellora e posta en marcha de inmediato as EDAR municipais.

  • Renovar o sistema de captación do río Arnego.

  • Controlar por analíticas constantes o impacto dos lixiviados en Merza e opoñerse dende o concello de xeito institucional a que Campomarzo se converta en vertedoiro industrial e proceder á súa limpeza total.


“O BNG fala con datos e di a verdade. Taboada fala con escusas e coa intención de tapar un risco sanitario evidente. A saúde da veciñanza non é un tema para facer propaganda nin para minimizar”, conclúe Fiuza.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page