Finalizadas as reparacións do Cantón de San Roque tralas reclamacións feitas polo Concello á Xunta
- ecosdacomarca

- 30 mar 2021
- 1 Min. de lectura
O Concello de Melide informa de que se finalizaron as reparacións do Cantón de San Roque "tralas reclamacións realizadas polo Concello de Melide á Xunta de Galicia". Os danos foron reparados pola empresa contratista. "Sen custo para as arcas municipais
ao estar os traballos en período de garantía, tal como defendeu desde o primeiro momento o actual equipo de goberno", apunta o Concello.
Cabe lembrar que o PP tamén pedira un arranxo desta zona ao considerar que se debía "a unha falta de mantemento".

Un operario arranxando unha das aceras.






Comentarios