Fin de semana completo de competicións para o Atletismo Deza
- ecosdacomarca

- 6 may
- 2 min de lectura
O atleta lalinense León Feijóo asistirá coa Selección Galega nos 100 metros valados
Ecos da Comarca/Lalín
O Club Escola Atletismo Deza tivo unha ponte completa de competicións. Comezou o venres pola mañá, co traslado de 20 atletas ao Trofeo La Purísima de Pereiro de Aguiar. Foi unha gran xornada para os deportistas do Deza xa que a maioría conseguiron novas marcas persoais.
O sábado, seis deportistas do Club participaron como filiais do Atletismo Narón no Campionato Galego Absoluto de Clubs en Pontevedra. En concreto, estiveron Dani Conde no 200 ml e o relevo 4x400; Diego Reboredo en lanzamento de disco; Roi Sierra en lanzamento de xavelina; Breogán García en 110 metros balados e relevo de 4x400; Beltrán Rivas en salto de altura e relevo de 4x100 e León Feijóo en triplo salto. Os deportistas deron o mellor de si e algúns deles conseguiron mellorar as súas marcas persoais.
PUBLICIDADE
Finalmente, o domingo houbo control de marcas en Pontevedra, ata onde foron 25 nenos/as para conseguir fixar unha mellor marca persoal.
Representación na Selección Galega
O Club está de parabéns coa representación de León Feijoo no Campionato de España por seleccións autonómicas esta fin de semana en 100 metros valados. Neste campionato, cada selección leva un representante por disciplina e a proba dos valados de Galicia levaráa a cabo un lalinense. O campionato será este sábado en Pereiro de Aguiar (Ourense). Campus de verán
O Atletismo Deza organiza un ano máis o Campus de Verán, nesta edición baixo o lema “Un verán activo con Atletismo Deza”. O campamento estará dividido en dúas etapas, unha ao comezo do verán e outra ao remate: Do 22 de xuño ao 31 de xullo; e do 24 de agosto ao 4 de setembro, en ambos períodos resérvase a participación por semanas.
PUBLICIDADE
O Campus diríxese aos nenos/as nados entre o 2020 e o 2014 e levarase a cabo entre o
Manuel Anxo Cortizo, o Centro social Donramiro, o reinto do Xesús Golmar, o Lalín Arena, as piscinas municipais e arredores (Lalín). O horario é de 8:00 a 14:30 de luns a venres. Tanto a chegada como a saída serán flexibles (de 8:00 a 10:00 a chegada e de 13:30 a 14:30 a saída).
O prezo é de 45 €/semana para atletas do club e 50 €/semana para non pertencentes ao club. O pago a través de CLUBER incrementará o custo en 1€ por semana, debido a gastos de xestión. No caso de reservarse unha única semana, o prezo incrementarase 5 €.

As prazas estarán limitadas a 50 por semana, dividíndose estas en tres grupos de idades.
A forma de inscribirse será a través do formulario indicado para tal fin. A praza quedará
confirmada unha vez o formulario quede cuberto e o pago realizado. No momento en que se cubran as prazas, abrirase unha lista de reserva que, no caso de cancelacións, se irán
chamando por estrita orde de inscrición.
Poden consultar dúbidas ao director do Campus Nacho (623189677), ao monitor Mario (661139279) ou no correo electrónico atletismo.deza@gmail.com








Comentarios