Ecos da Comarca/Deza

Fin de semana cargado de carreiras onde o club Galaico Trail Run estivo presente. Empezando pola saída mensual que organiza o clube para os socios e federados, este sábado tocou desprazarse ata Chantada para correr polo trazado do Trail Heroica Sacra, que se celebrará o 30 de xuño e onde correr polas viñas da Ribeira Sacra fai que sexa algo especial e único para os corredores, tal e como sinala o clube.
Outros integrantes do GTR preferiron desprazarse o domingo ata o trail do Nocedo, en Bueu estando presente en ambas distancias. Na distancia de 27 km Óscar Mariño e Mary Portela remataban a carreira en 4:07 e 4:15.
Publicidade
Xa na distancia curta de 15 km, o primeiro en atravesar a liña de meta foi Javier Carballude
cunha 1:43h, seguido de Manu Gómez, Andrea Vazquez, Óscar Vazquez, Luis Blanco, Alba Blanco e Elisa Abeledo.
Ata Toques plantáronse en liña de saída Gustavo Vilar e Villamor, dispostos a loitar polo primeiro chanzo do podium e tendo por diante unha carreira rápida de 13 km con escasos 400 positivos onde subiron á Capela de San Cidre para voltar á praza do Concello. Finalmente Villamor fíxose coa victoria a escaso minuto e medio de Gustavo, facendose co récord da proba en 54:24 min.
Publicidade
Xa por último , desafiando á neve, o barro e a choiva, os galaicos máis bravos do equipo acabaron nun top 9 e 10 no trail de Paderne de Allariz na distancia de 25 km tendo por diante rivais do mellorciño do trail galego polo que dende o Clube felicitan a estos dous galaicos que sempre se enfrontan ás probas de gran dureza e tecnicidade onde os resultados son espectaculares. Na distancia curta de 15 km participou José Antonio Ferreiroa, entrando en meta en 1:47h.
Comentarios