top of page

FEVEGA e Venezolanos del Deza impulsan unha campaña de axuda humanitaria polo terremoto

Os interesados poderán doar distintos artigos na sede deste colectivo en Lalín


Laura Moure/Deza

A Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA), xunto coas asociacións que a integran, puxo en marcha unha campaña de axuda humanitaria para brindar apoio ás familias afectadas polo terremoto rexistrado o pasado 24 de xuño en Venezuela. A iniciativa ten como obxectivo a recollida de medicamentos, insumos médicos e achegas económicas destinadas a atender as necesidades máis urxentes da poboación afectada.

Os fondos recadados empregaranse na adquisición de medicamentos e na cobertura dos custos de envío da axuda humanitaria desde Galicia ata Venezuela, garantindo que ç chegue a quen máis a necesitan. Entre o material solicitado atópanse analxésicos, antibióticos, antialérxicos, medicamentos para enfermidades respiratorias e cardiovasculares, tratamentos pediátricos e oftalmolóxicos, así como material sanitario esencial, entre eles gasas, vendas, xiringas, solucións intravenosas, soros, alcol, auga osixenada, povidona iodada, termómetros, glucómetros e tiras reactivas.


Na comarca de Deza, a sede da Asociación Venezolanos do Deza foi habilitada como centro de provisión, desde onde se coordina a recepción, clasificación, rexistro e preparación de todas as doazóns que posteriormente serán canalizadas por FEVEGA para o seu envío a Venezuela.


O centro de provisión atópase situado en Lalín, Rúa Memorias dun Neno Labrego, nº 14, primeira planta, e recibe doazóns os martes e xoves, de 16:00 a 19:00 horas, e os sábados, de 11:00 a 14:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Desde Venezolanos do Deza queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a toda a comunidade da comarca de Deza pola extraordinaria resposta solidaria demostrada desde o inicio desta campaña. O noso recoñecemento faise extensivo aos concellos, representantes políticos, asociacións, entidades colaboradoras e veciños que, coas súas achegas e apoio, están a facer posible que esta iniciativa continúe crecendo. Así mesmo, agradecemos especialmente o labor do equipo de voluntariado que, de xeito desinteresado, participa nas tarefas de recepción, clasificación, inventario e embalaxe dos medicamentos e insumos médicos. A súa dedicación reflicte o compromiso, a xenerosidade e a solidariedade que caracterizan á nosa comarca", salienta o colectivo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

FEVEGA e Venezolanos del Deza fan un chamamento a toda a cidadanía para seguir colaborando mediante a doazón de medicamentos, material sanitario ou achegas económicas. Cada contribución, por pequena que sexa, representa unha axuda invaluable para miles de persoas que atravesan unha situación de emerxencia. "A solidariedade non entende de fronteiras. Hoxe Galicia tende a súa man a Venezuela para levar esperanza a quen máis o necesitan".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page