Feridos dous mozos, un deles grave, tras sufrir un accidente cun quad en Sabrexo, Vila de Cruces
- ecosdacomarca

- 20 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Este sábado rexistrouse un accidente no municipio de Vila de Cruces que se saldou con dous mozos feridos, un deles de consideración. O 112 Galicia foi alertado ás 13:07 horas.

PUBLICIDADE
A parella viaxaba nun quad, cando este acabou envorcado nunha pista da parroquia cruceña de Sabrexo. A moza resultou ferida leve, mentres que el presentaba feridas de consideración. Ambos foron trasladados ao hospital.
PUBLICIDADE
Foron mobilizados ata o lugar o helicóptero do 061, dúas ambulancias, Garda Civil e Protección Civil da localidade.








Comentarios