Ferido leve tras chocar en Silleda co seu coche contra outros dous vehículos estacionados
- ecosdacomarca

- 28 oct 2021
- 1 min de lectura
O suceso tivo lugar esta tarde no Barrio do Campo
Ecos da Comarca/Silleda
Esta tarde rexistrouse unha saída de vía na N-525 ao seu paso polo casco urbano de Silleda, concretamente no Barrio do Campo, tal e como informa o 112 Galicia, que foi alertado por un particular ás 17:45 horas.

O condutor quedou ferido leve tras saírse da vía e acabar chocando contra dous vehículos que estaban estacionados. O 112 Galicia avisou a Emerxencias Sanitarias, a Policía Local, aos Bombeiros e aos servizos de mantemento de estradas.






Comentarios