Ferida tras quedarlle unha man atrapada nunha máquina para facer chourizos en Silleda
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Unha muller resultou ferida tras quedarlle unha man atrapada nunha máquina para facer chourizos en Silleda.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: a unha muller quedáralle unha man atrapada por unha máquina para facer chourizos. Ocorreu minutos despois das 16:30 horas nunha vivenda de Reboredo, en Taboada (Silleda).
Publicidade
Decontado, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Deza, da Garda Civil e da Policía Local de Silleda.
Publicidade
Os Bombeiros do Deza cortaron coidadosamente parte da máquina no lugar dos feitos, mais pola natureza do accidente confirmaron que as tarefas de liberación deberían completarse unha vez no Hospital Clínico de Santiago. Por este motivo, desde o 112 Galicia informouse tamén aos Bombeiros de Santiago.








Comentarios