top of page

Familias do CEIP Mestre Pastor Barral continúan en loita e mobilízanse polas rúas de Melide

hace 9 horas
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Melide

As familias do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide continúan en loita para conseguir que se cubra a praza do docente de Francés. Dende o inicio do curso escolar, o pasado 9 de setembro, concéntranse todos os días lectivos diante do centro educativo a primeira hora da mañá e ningún alumno acudiu ás clases. Pero onte sábado, a ANPA Camiño Real deu un paso máis alá e convocou unha mobilización polas rúas do casco urbano.

A mobilización de onte nas rúas de Melide. Autor: Qy Quiñoy.
A mobilización de onte nas rúas de Melide. Autor: Qy Quiñoy.

Baixo o lema "Neste cole faltan mans" reclaman á Consellería de Educación que cubra a praza de Francés que, segundo familias e profesorado, lle corresponde ao centro por catálogo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Educación mantén a decisión de non cubrir a vacante ao considerar que o centro non precisa este docente por contar con dous profesores de Inglés. Así llo trasladou telefonicamente o xefe territorial de Educación, Santiago Freire, á ANPA, despois da reunión mantida coa dirección do centro. Ademais, sinalou que as necesidades do colexio serán valoradas na comisión extraordinaria que a Consellería celebrará en outubro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Cómpre sinalar que as familias aproveitaron onte a presentación de Asier Polo como novo candidato do Partido Popular á Alcaldía de Melide para facerse escoitar ao paso dos conselleiros Ánxeles Vázquez e Diego Calvo, á súa chegada ao acto na localidade melidense.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page