top of page

Familias de 2º de Primaria do Xoaquín Loriga de Prado esixen unha praza de Pedagoxía Terapéutica

Sinalan que ao longo do pasado curso, a enorme complexidade e diversidade do grupo fixeron que resultase imposible impartir os contidos curriculares coas garantías pedagóxicas necesarias


Ecos da Comarca/Lalín

As familias do alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP Xoaquín Loriga, situado en Prado (Lalín), reclaman publicamente á Consellería de Educación a dotación urxente dunha praza a maiores co perfil de Pedagoxía Terapéutica (PT) para o centro.

Foto de arquivo dunha aula.
Foto de arquivo dunha aula.

Sinalan que ao longo do pasado curso, a enorme complexidade e diversidade do grupo fixeron que resultase imposible impartir os contidos curriculares coas garantías pedagóxicas necesarias.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

"Esta falta de medios humanos xerou unha forte sobrecarga tanto no alumnado como no equipo docente, afectando directamente a toda a aula", lamentan.


As familias destacan que o profesorado e a titora fixeron un esforzo extraordinario, pero atopáronse totalmente desbordados pola carencia deste recurso extra. Segundo a lexislación vixente, a administración ten a obriga de garantir a dotación dos recursos necesarios para a atención á diversidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

"A inclusión non pode depender do voluntarismo do profesorado, senón de recursos reais que garantan o dereito a unha educación digna para todos os nenos e nenas", conclúen.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page