top of page

Traxedia en Agolada: Falece unha persoa logo de caerlle un silo enriba

Ecos da Comarca/Agolada

Falece unha persoa logo de caerlle un silo enriba en Agolada, tal e como informa o 112 Galicia. O persoal sanitario só puido confirmar o falecemento da vítima.

Pouco despois das 19:00 horas, un particular chamou ao 112 Galicia logo de atopar a un home semi inconsciente nunha pista de Lamas preto dunha granxa, nas Trabancas. Segundo indicou, non tiña moi claro que sucedera, pero sospeitaba que o varón puidera caer desde unhas pacas situadas nun tractor.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Deseguido, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil de Pontevedra.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Trala chegada do equipo médico, estes intentaron reanimalo, aínda que sen éxito. Indicaron que "ao home caéralle un silo duns 200 quilos enriba e estaba xa liberado cando eles chegaron ata o lugar".





Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page