Ecos da Comarca/Melide

A Axencia Galega de Emerxencias 112 Galicia informa dun novo accidente mortal no municipio de Melide. O suceso ocorreu este luns pasados uns minutos das 8:00 horas no Real Novo, na parroquia de Zas de Rei.
Unha muller, duns 80 anos, perdeu a vida tras ser alcanzada por un vehículo na estrada AC-840 cando ía coller o autobús para desprazarse ao centro de Melide. Vivía moi preto do lugar de onde foi atropelada.
Desde o 112 Galicia, avisouse a profesionais de Urxencias Sanitarias-061, así como a axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.
Tal e como relatou o propio condutor do turismo implicado no transcurso da súa chamada ao 112, o fatal accidente produciuse ás 8:15 horas desta mañá. A mesma confusión do momento, fixo dubidar ao implicado se realmente era unha persoa quen acabara tendida na vía.
Finalmente, os axentes da Policía Local puideron comprobar que se trataba dunha muller e que xa carecía de constantes vitais.
Comments