Falece unha muller tras saírse da vía co seu coche en Silleda
- ecosdacomarca

- 5 nov
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Unha muller, duns 80 anos, perdeu a vida esta tarde no concello de Silleda tras sufrir un accidente de tráfico.

Ocorreu contra as 18:20 horas, e o 112 Galicia tivo constancia a través da chamada dun particular que se atopaba no lugar do accidente: unha muller permanecía atrapada no seu vehículo tras saírse da vía contra unha igrexa á altura do quilómetro 2 da EP-6504, en Negreiros.
Cando chegaron, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da implicada.
Publicidade
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Silleda e a Garda Civil de Tráfico e, nestes momentos (preto das 20 horas), os bombeiros continúan no punto a fin de realizar as tarefas de excarceración do corpo da falecida.







Comentarios