Falece unha muller en Melide tras caer na estrada
- ecosdacomarca
- 24 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Falece unha muller en Melide tras caer na estrada, tal e como informa o 112 Galicia. A familia asegurou que recibira un golpe na cabeza como consecuencia dunha caída en Andeán, Melide.

Así o explicaron a través da súa chamada ao 112 Galicia ao fío das sete desta tarde. Segundo indicaron, a señora caeu na estrada de costas e levou un forte golpe na cabeza. Pouco despois, faleceu.
Desde o 112, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou unha dotación en helicóptero medicalizado. Tamén solicitouse o apoio das forzas da orde, neste caso da Garda Civil e da Policía Local de Melide.
Publicidade
Con todo, os esforzos foron en balde, xa que a muller resultou falecida finalmente. Pola súa parte, os axentes de seguridade tratan de recoller toda a información posible sobre o suceso co fin de determinar as causa do pasamento.
コメント