top of page

Falece un mozo de Silleda atropelado polo seu propio coche

13 ene 2022
1 min de lectura

O suceso tivo lugar esta mañá en Ames e todo apunta a que lle fallou o freo de man do seu vehículo tras estacionalo


Ecos da Comarca/Silleda

Unha persoa perdeu a vida despois de sufrir un atropelo na rúa Hedras, no concello coruñés de Ames. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pasados uns minutos das oito e media desta mañá.


Nada máis recibir a alerta do accidente, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro e de Santiago de Compostela, á Policía Local e ao GES de Brión. Ademais, ata o lugar acudiron tamén os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.


Unha vez no lugar do accidente, os servizos sanitarios desprazados tan só puideron confirmar o falecemento da persoa atropelada. Ao longo da mañá conoceuse que a vítima é veciña das comarcas. Ten 23 anos e é da localidade silledense de A Bandeira. Segundo as primeiras hipóteses falloulle o freo de man tras aparcar o vehículo nunha pendente, e tras querer paralo, quedou atrapado entre o seu vehículo e o que estaba detrás.

Foto arquivo.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page