top of page

Falece un home tras quedar atrapado por unha máquina en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Falece un home de 81 anos tras quedar atrapado por unha máquina en Silleda. Ao fío das 11 horas deste xoves, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente laboral no lugar do Couto, na parroquia de Refoxos (Silleda), a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Segundo a información recibida, un home de avanzada idade quedara atrapado por unha máquina nunha granxa de polos.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención da Garda Civil e da Policía Local de Silleda.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

As persoas que se atopaban no lugar conseguiron liberar ao afectado antes da chegada dos servizos de emerxencias, mais os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page