Falece un home de 83 anos na parroquia de Maroxo, en Arzúa
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña informa que este domingo faleceu un home de 83 anos na parroquia arzuá de Maroxo.

"Os bombeiros do parque provincial de Arzúa trasladáronse ata a parroquia de Maroxo, no concello de Arzúa, tras unha chamada ao redor das 14:25 horas do 061 para solicitar un desfibrilador para un varón duns 83 anos que entrou en parada cardiorrespiratoriA", informa.
Publicidade
"Tras a súa chegada á vivenda do home, realizaron labores de reanimación, sendo practicamente imposible e certificándose a morte do varón", engade.
Publicidade
Participaron no operativo o 061 de Arzúa, a Garda Civil do Pino, PAC de Arzúa e o H3.
Comments