top of page

Falece un bailarín durante unha actuación en Agolada

Actualizado: hace 14 minutos

Ecos da Comarca/Agolada

O Corazón da Artesanía de Agolada viviu este domingo un tráxico desenlace na súa xornada de clausura. Despois de tres días intensos de actividades, esta tarde un bailarín perdeu a vida mentres participaba nunha actuación xunto ao seu grupo de música tradicional na Praza do Concello desta localidade.

O coche de Protección Civil e ao fondo xunto a igrexa o helicóptero. Autor: Ecos da Comarca.
O coche de Protección Civil e ao fondo xunto a igrexa o helicóptero. Autor: Ecos da Comarca.

Segundo puido saber este medio, o home estaba actuando cando se sentíu mal e xa se desplomou. O suceso ocorreu sobre as 20 horas deste domingo. Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, que aterrou xunto á igrexa, ademais doutros efectivos sanitarios, que estiveron durante un longo período de tempo practicándolle manobras de reanimación, aínda que lamentablemente non foi posible salvarlle a vida. Ata o punto desprazáronse dúas ambulancias do 061, Protección Civil de Agolada e a Garda Civil.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O suceso causou unha fonda conmoción entre o público asistente, os integrantes do grupo e a organización do evento, que viu como a última xornada dunha das citas máis destacadas do verán en Agolada quedou marcada por esta dolorosa perda.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde este medio trasladamos o noso pesar á familia, amizades e compañeiros do falecido nestes duros momentos.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page