top of page

Falece o lalinense José Presas Zobra, fundador de Recreativos Presas

Ecos da Comarca/Lalín

Lalín espertou este domingo de loito tras coñecerse o falecemento, aos 67 anos de idade, de José Presas Zobra, fundador de Recreativos Presas e unha das figuras máis relevantes na historia do futbolín en España.

Foto publicada por Evo Presas Deza.
Foto publicada por Evo Presas Deza.

Presas foi o creador do Campionato de España de Futbolín, unha competición coa que conseguiu revitalizar este emblemático xogo de mesa, converténdoo nun deporte de competición e reunindo en Lalín, ano tras ano, a centos de participantes chegados de distintos puntos do país. Ademais, tamén impulsou a Liga Nacional de Futbolín, contribuíndo decisivamente á profesionalización e expansión desta disciplina.


Á fronte de Recreativos Presas, empresa familiar con sede en Lalín, liderou a modernización do futbolín tradicional a través da innovación no deseño, os materiais e a tecnoloxía, logrando que o produto galego acadase un importante recoñecemento tanto no mercado nacional como internacional.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A noticia do seu pasamento xerou unha fonda conmoción en Lalín e no mundo do futbolín, onde José Presas era unha persoa moi querida e respectada polo seu compromiso, dedicación e capacidade para converter unha afección nun referente deportivo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O seu legado permanecerá vivo tanto na empresa que fundou como nas competicións que impulsou e que situaron a Lalín no mapa do futbolín español.



Dende o equipo de ECOS DA COMARCA as nosas condolencias para toda a súa familia e seres queridos. D.E.P.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page