top of page

Falece o exalcalde de Rodeiro Manuel Lamazares

Ecos da Comarca/Rodeiro

O grupo municipal do PP de Rodeiro enviou un comunicado a este medio a través do cal quere expresar o seu pesar e a súa dor polo falecemento, na xornada de hoxe, do exalcalde Manuel Lamazares, que gobernou o Concello durante 32 anos entre os anos 1966 e 1998 e que tamén foi director do colexio público e corresponsal do xornal Faro de Vigo.

Os populares queren destacar a súa figura como “a dunha persoa totalmente comprometida co seu concello” desde o ámbito da educación ao que pertencía pola súa profesión ata o político e social, xa que dirixiu o Concello e atendeu aos veciños con absoluta vocación de servizo público durante máis de tres décadas. “Hoxe é un día triste pola perda dunha persoa que lle entregou a súa vida a Rodeiro e por iso cremos que é de xustiza destacar a súa figura como a do líder da transición democrática no noso municipio e como piar da transformación que vivimos ata finais do pasado século e que permite que hoxe contemos cun nivel de benestar moi por enriba da media co sector agrogandeiro do que nos sentimos tan orgullosos como bandeira”, sinalou a voceira municipal, Cati Somoza.


Ademais, o presidente provincial e da Deputación e exalcalde, Luis López; a propia Cati Somoza como presidenta do PP local; e a familiar popular de Rodeiro conformada por concelleiros, colaboradores, militantes e simpatizantes queren agradecer as infinitas mostras de cariño da veciñanza e, ao mesmo tempo, trasladan as súas condolencias e o seu pesar aos seus familiares e achegados. “Hoxe Rodeiro queda un pouco máis orfo porque Manuel Lamazares era un pai para todos os veciños, pero sabemos que sempre nos estará prestando o seu alento, porque era un cambote exemplar”, sinalou Somoza, que solicitou a declaración de loito oficial para unha figura “irrepetible” e que convidou aos veciños a expresar a súa derradeira mostra de cariño ao exalcalde asistindo mañá, xoves 12, ás 19:00 horas ao seu funeral e inhumación na igrexa parroquial de San Salvador de Camba.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde do municipio, o socialista José Luis Camiñas, tamén mostrou o seu pesar a través das redes sociais.

"Hoxe recibimos unha triste nova para todo o Concello de Rodeiro. Aos 96 anos de idade vén de falecer Manuel Lamazares Pardo, alcalde deste Concello entre 1966 e 1998. Foron 32 anos de servizo público, nos que deixou unha fonda pegada na historia de Rodeiro e no recordo de xeracións de veciños e veciñas.
Ante esta gran perda, como alcalde acabo convocar un pleno extraordinario para mañá as 10 da mañá para homenaxear e dar recoñecemento á súa figura, no que tamén se declarará un día de loito oficial en honra a quen foi durante máis de tres décadas o noso rexedor.
Mañá terá lugar a despedida oficial no Concello de Rodeiro. Queremos acompañar á súa familia e achegados neste momento tan difícil, e agradecerlle a Manuel Lamazares o seu compromiso e dedicación ao noso pobo.
O seu legado permanecerá sempre na memoria colectiva de Rodeiro.
Descanse en paz", sinala o alcalde de Camba, José Luis Camiñas.






Commentaires

Les commentaires n'ont pas pu être chargés.
Il semble qu'un problème technique est survenu. Veuillez essayer de vous reconnecter ou d'actualiser la page.
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page