top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Falece o condutor da furgoneta que esta mañá colisionou contra un camión en Rodeiro

El viaxaba nunha furgoneta e era repartidor de xornais


Ecos da Comarca/Rodeiro

Hoxe pola mañá publicamos que un condutor resultou ferido logo de colidir o seu vehículo contra un camión en Rodeiro. Agora, desgraciadamente, temos que comunicar que esta persoa finalmente, perdeu a vida, tal e como confirma o 112 Galicia.

Tal e como informa o 112 Galicia, a persoa estaba tendida no chan coa chegada dos primeiros particulares, que indicaron que saíra despedida a consecuencia do choque. A furgoneta na que viaxaba quedou gravemente afectada.


O 112 Galicia tivo constancia deste accidente minutos antes das 8:15 horas desta mañá. O alertador explicaba que acababa de producirse unha colisión entre unha furgoneta e un camión de transporte de pedra, que naquel momento non levaba carga a bordo, no quilómetro 13 da PO-212, en Negrelos (Rodeiro). Os membros de Protección Civil de Lalín engadían que a persoa precisaba atención médica urxente.

De inmediato, os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, de Emerxencias Lalín e dos servizos de mantemento de estradas. Informouse, ademais, aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín e a Protección Civil de Rodeiro.

"Unha vez no punto, o persoal sanitario encargouse de prestar asistencia ao ferido e da súa posterior evacuación, sen embargo, finalmente o condutor da furgoneta perdeu a vida. O condutor ferido faleceu cando o estaban a evacuar en ambulancia. Os servizos sanitarios, que tamén mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, nada puideron facer pola súa vida", sinala o 112 Galicia.


O falecido, duns 40 anos, era repartidor de xornais.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page