top of page

Falece o condutor dunha segadora tras caer por un desnivel de oito metros en Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

A segadora envorcada. Autor: Bombeiros de Silleda

Un home perdeu a vida esta tarde en Silleda tras envorcar coa segadora na que conducía.


Os bombeiros retiraron a máquina baixo a que quedou a vítima tras caer por un terraplén na CV-082, na estrada de Piñeiro a Cira, en Silleda. Eran as 17:30 horas de hoxe cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que atopou ao falecido debaixo da segadora envorcada.


Esta información serviu para a posta en marcha do protocolo necesario para a atención e rescate do condutor, que, non obstante, xa estaba falecido. De feito, ao lugar dos feitos trasladouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Santiago, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Os xestores do 112 Galicia pediron, tamén, a colaboración dos Bombeiros do Deza, que, se ben descartaron empregar os equipos de excarceración, si retiraron a máquina segadora baixo a que quedou atrapada a vítima. Tal e como indicaron os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, o sinistro produciuse durante a circulación do vehículo unha estrada local, cando se saíu da vía e caeu por un desnivel de oito metros de altura.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page