top of page

Extinguido o lume de San Martiño de Oleiros, Toques, que calcinou 361 hectáreas

Ecos da Comarca/Toques

Ás 23:23 horas de onte, domingo, quedou extinguido o lume iniciado ás 18:49 horas deste xoves no concello coruñés de Toques, parroquia de San Martiño de Oleiros, segundo os últimos datos da Consellería de Medio Rural.

O lume en San Martiño de Oleiros o pasado venres. Autor: Ecos da Comarca.
O lume en San Martiño de Oleiros o pasado venres. Autor: Ecos da Comarca.

Neste lume, finalmente afectou unha superficie de 360,92 hectáreas, das cales 300 se corresponderon con monte raso e o resto con arborado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Neste lume tívose que activar a Situación 2 pola proximidade ao núcleo de Penagundín, xa na parroquia melidense do Meire, medida xa desactivada.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Para a extinción do incendio mobilizáronse, segundo como afirma Medio Rural, de xeito acumulado, 3 técnicos, 20 axentes, 40 brigadas, 36 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións. Cabe mencionar tamén o traballo dos Bombeiros de Arzúa e dos veciños que cos seus tractores e cisternas fixeron un gran labor para poder combater este lume.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page