Extinguido o incendio forestal do Castro, Dozón, que se iniciou o martes pasado
- ecosdacomarca

- 18 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón

Extinguido ás 15:30 horas de onte, domingo, o incendio forestal do municipio pontevedrés de Dozón, parroquia do Castro, que se iniciou o martes ás 14:32 horas e que afectou finalmente unha superficie de 300 hectáreas, das cales 200 se corresponden con monte raso 100 con arborado.
Publicidade
Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro, unha situación que xa foi desactivada.
Publicidade
Para a súa extinción, a Consellería de Medio Rural afirma que se mobilizaron, de xeito acumulado, 4 técnicos, 18 axentes, 30 brigadas, 41 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.








Comentarios