Extinguido o incendio forestal da parroquia rodeirense de A Portela
- ecosdacomarca

- 31 mar
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de Rodeiro, parroquia da Portela, quedou extinguido ás 19:42 horas de hoxe.

Este lume iniciábase ás 21:39 horas de onte luns e afectou finalmente unha superficie de
15,16 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse, en
conxunto, 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.
PUBLICIDADE

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de
teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Publicidade
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade
delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas
poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.







Comentarios