top of page

Extinguen despois dunha semana o incendio que afectou ao municipio de Palas de Rei

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Consellería de Medio Rural informa que onte, domingo, quedou extinguido (ás 23:37 horas) o lume forestal que afectou ao municipio de Palas de Rei. Este calcinou 375 hectáreas.

Zona de Palas arrasada polo incendio vista dende a parroquia agoladesa de Ramil esta semana. Autor: Ecos da Comarca.

Este incendio orixinouse o pasado domingo, día 17 de xullo, ás 13:13 horas na parroquia de Ramil e foise estendendo por outros lugares coma Pambre, Chorexe e Cabana, poñendo en perigo, incluso núcleos de poboación. Quedou controlado ao cabo de dous días.


Segundo Medio Rural traballaron na súa extinción un técnico, 24 axentes, 29 brigadistas. 26 motobombas, catro avións e tres helicópteros. Tamén colaboraron outros efectivos, como Protección Civil do municipio.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade

delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,

toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta

aberta de twitter: @incendios085.


NOTICIAS RELACIONADAS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page