top of page

Controlado despois de dous días o incendio de Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Consellería de Medio Rural informa que está controlado, dende 13:49 horas deste martes, o incendio forestal que afectaba varios lugares do municipio de Palas de Rei. Este iniciouse o domingo pasados uns minutos da unha do mediodía.

Foto arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

Nos traballos de extinción traballaron, segundo a información que indica Medio Rural, 1 técnico, 18 axentes, 21 brigadas, 19 motobombas, catro avións e tres helicópteros. As hectáreas provisionais afectadas son 375.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


NOTICIAS RELACIONADAS:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page