top of page

Solicitada a desactivación da situación 2 no incendio forestal rexistrado na parroquia de Ramil

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Foto de Arquivo

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar a desactivación da Situación 2 no lume rexistrado onte no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Ramil, ao remitir o perigo para os núcleos de poboación.


O lume de Ramil comezou onte ás 13,13 horas e permanece activo arestora. Segundo as

últimas medicións, a superficie afectada é de 275 hectáreas. Para o seu control

mobilizáronse 1 técnico, 9 axentes, 12 brigadas, 11 motobombas, 3 helicópteros e 4

avións.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade

delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page