Evacuado en helicóptero tras sufrír un accidente en Lalín
- ecosdacomarca

- 24 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Os Bombeiros do Deza excarceraron ao condutor ferido, que quedou atrapado no interior do vehículo tras o impacto.

Sucedeu cinco minutos antes das seis desta tarde, foi a esa hora cando un particular chamou ao 112 para informar de que un vehículo saíra despedido e rematara no carril contrario, no punto quilométrico 159 da N-640, en A Veiga, no concello de Lalín.
Acudiron de inmediato, tras ser avisados polo 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros do Deza, os membros do GES de Lalín, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Ademais, para a evacuación do ferido, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 Galicia que o helicóptero medicalizado con base en Santiago tamén se desprazara ao lugar.
De feito, unha vez liberado o condutor do interior do vehículo, os Bombeiros indicaron que o ferido fora evacuado polo persoal sanitario e trasladado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.






Comentarios