Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

Este mércores rexistráronse ao menos tres incendios nas comarcas. En concreto nos municipos de Lalín, Agolada e Antas de Ulla.
O de Lalín tivo lugar na Veiga e segundo os datos da Consellería de Medio Rural iniciouse ás 14:55 horas e quedou extinguido ás 19:27 horas. Arderon 1, 91 hectáreas de monte arborado e 1.90 hectáreas de monte raso. Os medios que participaron na súa extinción foron dous axentes, seis brigadas, dúas motobombas, catro avións e tres helicópteros.
O incendio en Agra. Autor: Ecos da Comarca
Mentres o da Agolada afectou á parroquia de Agra. Segundo Medio Rural iniciouse ás 17: 12 horas e quedou estabilizado ás 19:10 horas. Participaron cateo axentes, seis brigadas, cinco motobombas, dous avións e tres helicópteros, que estiveron cargando agua no encoro de Portodemouros. Arderon tres hectáreas.
De seguido o vídeo cargando en Portodemouros. Autor: Ecos da Comarca
E por último, rexistrouse outro na parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante en Antas de Ulla que tal e como informa Medio Rural calcinou 3,8 hectáreas na gran maioría de monte raso. Iniciouse ás 18:04 e quedou estabilizado ás 19:29 horas.
Participaron na extinción catro axentes, nove brigadas, tres motobombas, unha pá, dous avións e tres helicópteros.
Cabe mencionar que a pasada semana tiveron lugar ao menos outros tres en Agolada (Ventosa, San Paio de Bais e Órrea) e en Alperiz (Lalín).
Comments