top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Este luns, ás 19 horas, arranca unha nova batida para buscar ao silledense desaparecido

Carlos Alberto Ares Duarte ten 48 anos, é da Bandeira e leva en paradoiro descoñecido dende o pasado xoves


Ecos da Comarca/Silleda

Continúa a búsqueda do silledense desaparecido o xoves pasado. Tal e como informa a familia, este luns, ás 19:00 horas, vaise facer outra batida que partirá de diante do Taller Duro, en A Bandeira (Silleda). Os familiares agradecen toda a colaboración.


Carlos Alberto Ares Duarte, veciño de A Bandeira (Silleda), está desaparecido dende este xoves, día 24. Ten 48 anos, é de complexión normal, ten calvicie total e no momento da desaparición levaba vaqueiro azul, polo verde e zapatillas deportivas oscuras. A última vez que se viu foi sobre ás 15:00 horas no Mesón Bandeira, como indica a familia.

Carlos Alberto Ares.

Se alguén o viu por favor que se poña en contacto coa Garda Civil.


Noticias relacionadas

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page