top of page

Esta vida non chega a netos

Alba Forno, voceira municipal do PSdeG-PSOE Lalín, escribe un artigo de opinión


Alba Forno/Lalín


Artigo de opinión

Compartimos en ECOS DA COMARCA este artigo de opinión que nos enviou Alba Forno, voceira municipal do PSdeG-PSOE de Lalín.

Antón Branco.
Antón Branco.

Esta vida non chega a netos


"Di miña avoa que non están os tempos para ter fillos e, en Galicia, abofé que ten razón. Recentemente, os datos revelan que a natalidade en España medrou lixeiramente por primeira vez en máis dunha década, pero en Galicia seguiu baixando máis dun 4%, sendo a comunidade coa peor taxa. Isto reflicte a realidade que vivimos, especialmente en Lalín, onde as políticas do Partido Popular esqueceron o fomento da natalidade e os servizos básicos para as familias.


Como imos ter fillos se non hai pediatras suficientes para atender a nosa cativada? As prazas en escolas infantís públicas son insuficientes, os servizos de conciliación non cobren a demanda e conseguir unha vivenda digna é case unha utopía para a mocidade. Ademais, en Lalín, a situación agrávase coa falta de apoio ás familias numerosas e coa parálise do desenvolvemento industrial e a xeración de emprego.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

De nada serve unha cesta con "cremiñas" polo nacemento. As administracións deben estar ao carón das familias durante todo o percorrido, dende o acceso á vivenda ata servizos sanitarios axeitados e programas efectivos de conciliación. Vimos dunha xeración de "supernais" que traballaban longas xornadas para sacar adiante os seus fillos e fillas. Agora, os tempos mudaron e non podemos seguir pedindo que as familias renuncien a todo para criar fillos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Se nada cambia, Galicia seguirá avellentando e, como din The Rapants, esta vida non chegará a netos".


Alba Forno, voceira municipal do PSdeG-PSOE de Lalín




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page