Esta tarde arranca o Rali do Cocido-Disiclín co Shakedown
- ecosdacomarca

- 22 abr 2022
- 1 Min. de lectura
A proba da Escudería Lalín Deza contará con 82 participantes
Ecos da Comarca/Deza
Mañá terá lugar a 26 edición do Rali do Cocido-Disiclín que conta con 82 participantes. Esta proba, da Escudería Lalín-Deza, é a primeira da Copa de España de Rallyes de Asfalto (CERA)-Recalvi deste ano.

Nesta edición non contará con tramo espectáculo, pero si que se disputará o Shakedown. Esta é unha proba que permite realizar os primeiros quilómetros ao coche de carreiras antes do inicio do rali.
PROGRAMA DESTA EDICION:
ITINERARIO-HORARIOS:
PARTICIPANTES:
TODA A INFORMACIÓN:







Comentarios