top of page

Esta semana poderase doar sangue en Silleda, Agolada e Palas de Rei

15 feb 2021
1 min de lectura

Unha unidade móbil de doación de sangue en Santiago. Foto: Xunta de Galicia


Laura Moure

As persoas que desexen donar sangue poderán facelo esta semana nas localidades de Silleda e Agolada, na comarca dezana, e en Palas de Rei, na Ulloa.


Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio silledense esta semana. A cita será hoxe, luns día 15, na Bandeira (Silleda), onde se instalará no lugar de costume, xunto ao centro de saúde, en horario de 16:00 a 21:00 horas.


E en Palas de Rei poderase doar mañá, martes 16. A unidade móbil situaranse diante do Concello e estará de 16:00 a 21:00 horas.


E por último, en Agolada estará o mércores, 17, xunto á casa consistorial en horario de 10:15 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.


Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page