España proclámase campioa do mundo tras derrotar a Arxentina!!!!!
- ecosdacomarca

- hace 6 días
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A selección española escribiu este domingo unha nova páxina dourada na historia do fútbol ao proclamarse campioa do Mundial 2026 tras superar a Arxentina nunha emocionante final disputada no MetLife Stadium de Nova Jersey. O combinado dirixido por Luis de la Fuente conquista así a súa segunda estrela mundial,16 anos despois do histórico título acadado en Sudáfrica 2010.

Nun encontro de máxima igualdade entre dúas das mellores seleccións do torneo, España soubo resistir a presión dunha Arxentina que defendía o título conquistado en Qatar 2022. A intensidade, o equilibrio táctico e o talento da nova xeración liderada por xogadores como Lamine Yamal foron claves para que a selección española acabase levantando o trofeo máis prestixioso do fútbol mundial. Foi na segunda parte da prórroga, no minuto 106, cando marcou Ferran Torres apuntando o marcador 1-0.
PUBLICIDADE
O triunfo desata a euforia en toda España, con milleiros de afeccionados seguindo a final en pantallas xigantes, bares e domicilios particulares. As celebracións esténdense por numerosas cidades e vilas, onde os seareiros festexan unha conquista histórica que devolve á selección ao máis alto do fútbol internacional.
PUBLICIDADE
Con este éxito, España pon o broche de ouro a un Mundial brillante no que deixou polo camiño a Austria, Portugal, Bélxica e Francia antes de superar a Arxentina na gran final, confirmando o excelente momento dunha xeración chamada a marcar unha época.








Comentarios