top of page

Erea Rey reclama unha actuación urxente no pavillón César Fares de Silleda

hace 1 día
3 min de lectura

O BNG propón unha reforma integral para modernizar a instalación


Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda vén de reclamar ao Goberno municipal unha actuación inmediata para resolver os problemas que presenta o chan do Pavillón Polideportivo César Fares, unha situación que, segundo denuncia a portavoz nacionalista, Erea Rey, "está a dificultar a práctica deportiva en condicións adecuadas".


A formación asegura que nos últimos meses recolleu numerosas queixas de persoas

usuarias e de colectivos deportivos que empregan habitualmente a instalación,

especialmente de disciplinas como a patinaxe e o baloncesto, que se ven directamente

afectadas polo estado da superficie de xogo.

“Estamos a falar dunha instalación fundamental para o deporte de base en Silleda. Non

podemos normalizar que deportistas e clubs teñan que adestrar e competir nunha pista

que presenta deficiencias e que dificulta a práctica deportiva”, sinala Erea Rey.


Desde o BNG consideran que o Concello debe buscar de maneira inmediata unha

solución que permita reparar e acondicionar o chan do pavillón, garantindo unhas

condicións adecuadas para todos os usuarios e usuarias.


Porén, a portavoz nacionalista entende que esta actuación non debe quedar limitada a

unha intervención puntual, senón que ten que formar parte dunha reflexión máis ampla

sobre o futuro da infraestrutura. “Nós cremos que chegou o momento de pensar en grande e de planificar unha reforma integral do César Fares. É unha instalación estratéxica para Silleda e debe estar á altura da importancia que ten para o noso municipio”, afirma Rey.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nese sentido, o BNG propón a redacción dun proxecto de reforma de maior alcance que

permita modernizar o pavillón e adaptalo ás necesidades actuais. Entre as actuacións que consideran prioritarias figuran a mellora do illamento do edificio, a incorporación de sistemas de climatización e ventilación que axuden a combater as elevadas

temperaturas do verán e o frío do inverno, así como outras melloras que incrementen a

funcionalidade do recinto, entre elas a ampliación do espazo destinado ás gradas.


A portavoz nacionalista recoñece que nos últimos anos se executaron actuacións positivas na instalación, especialmente no relativo á renovación da iluminación e á mellora dos vestiarios. Con todo, considera que esas intervencións non solucionaron os principais problemas que segue padecendo o pavillón. “Valoramos as melloras realizadas, porque eran necesarias, pero o que non se pode facer é gobernar a base de parches. O César Fares leva moito tempo necesitando unha intervención de maior alcance e non actuacións illadas cada certo tempo. Os problemas desta instalación veñen de atrás e non se van resolver con medidas puntuais ou improvisadas”, asegura Rey.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o BNG advirten tamén de que unha infraestrutura desta relevancia require planificación e visión de futuro. “Agora que se achegan as eleccións municipais seguramente veremos anuncios e novas actuacións, pero o que precisa Silleda non son

remendos de última hora. O que necesita é un proxecto serio, planificado e ambicioso

para a principal infraestrutura deportiva do municipio”, afirma a portavoz nacionalista.


Para Erea Rey, a modernización do César Fares debe converterse nunha prioridade para os vindeiros anos. “Se queremos fomentar o deporte e ofrecer servizos públicos de calidade, temos que deixar atrás a política dos parches e apostar por solucións definitivas. O César Fares merece unha reforma ambiciosa, acorde coa importancia que ten para centos de usuarios e usuarias de todas as idades e para o conxunto do deporte silledense”, conclúe.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page