top of page

Equina prepárase para celebrar do 10 ao 12 de xullo en Silleda a súa edición máis ambiciosa

Incluirá a maior nivel, máis internacional e proba única no norte de España


Laura Moure/Silleda

Equina Galicia celebrará a súa décimo segunda edición do 10 ao 12 de xullo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda). E farao cunha ambiciosa edición na que aumentará o nivel das súas competicións e a exclusividade da súa proposta, a cal incluirá seis concursos coas mellores ganderías e xinetes e tamén diversas actividades.

Organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA)

coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, este evento terá como eixo principal o XII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, o cal

mantén para esta edición a categoría tres estrelas. Por quinto ano consecutivo a Real

Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE) concedeulle o máximo nivel neste tipo de competicións.


Unha consolidación que permite nesta ocasión aumentar o carácter internacional da proba e que, a falta de pechar inscricións, a organización espera que sexa de novo un dos tres campionatos de España con maior número de participantes na categoría tres estrelas. Levarase a cabo durante os tres días de Equina e será clasificatoria para a final do Campionato do Mundo, a cal se celebrará en Sevilla do 17 ao 22 de novembro, no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB).

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Maior categoría e estrea de Copa ANCCE

En canto a doma clásica, Equina Galicia 2026 contará con importantes novidades. Por primeira vez celebrará un concurso nacional de Doma Clásica, con dúas estrelas da Real Federación Hípica Española, unha categoría que xa supón unha alta esixencia técnica e que implica ademais que un dos xuíces deba ser internacional tres estrelas.


Ademais, estréase como marco dunha Copa ANCCE de Doma Clásica, tamén clasificatoria para SICAB, a única no norte de España nestes momentos. Así mesmo,

súmanse as copas Concello de Silleda e Turismo Rías Baixas. Nesta disciplina celebraranse tamén a XXVII Copa Accega e o VIII Trofeo Xunta de Galicia – Medio Rural de Doma Clásica.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Equitación de traballo, enganches e outras propostas

Equina Galicia 2026 suma aínda outras interesantes competicións, como a III Proba da Federación de Equitación de Traballo, modalidade centrada nas habilidades e destrezas do cabalo para o traballo co gando no campo e que dada a súa categoría nacional xa conta coa confirmación de participantes de Estremadura, Andalucía e Castela-León. Así mesmo, terá lugar unha proba do Campionato Galego de Enganches.


Non faltarán o bautismo hípico, pensando especialmente para fomentar a equitación entre os nenos, nin algunha conferencia con temática de gran interese para o mundo do cabalo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page