Envorca un coche na parroquia silledense de Saídres
- ecosdacomarca

- hace 4 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Este luns produciuse un accidente de tráfico no municipio de Silleda. O 112 Galicia foi alertado ás 17:08 horas.

Tal e como informa o 112, tratouse dunha saída de vía dun coche que acabou envorcado. O suceso ocorreu na estrada PO 205 á altura da parroquia de Saídres.
Publicidade
Tiveron que axudar a sacar a unha persoa, pero estaba liberada, tal e como indica o 112.
PUBLICIDADE
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, a Garda Civil e a Policía Local.








Comentarios