top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Envelenan a un can no parque canino de Silleda

O Concello lamenta os feitos e decide pechar este espazo


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda lamenta profundamente informar que o espazo destinado ao lecer dos cans das familias do municipio foi obxecto dun grave acto vandálico, que provocou o envelenamento dunha das mascotas usuarias. Por este motivo, decidou pechar temporalmente este espazo.

Este espazo, cedido polas súas propietarias e propietarios para este uso, foi acondicionado nos últimos meses con portas dobres, iluminación exterior e un servizo de auga, co fin de garantir a seguridade e comodidade tanto dos animais coma das familias que alí se reúnen para socializar. A pesar de que a área está completamente pechada e se toman medidas de seguridade, este lamentable suceso non é o primeiro deste tipo. Hai un ano, outra mascota sufriu unha intoxicación, aínda que non se puido confirmar se ocorreu neste espazo.


A mascota afectada nesta ocasión non estivo en contacto con ningún outro lugar agás este recinto, o que suxire que a intoxicación foi provocada neste espazo. Durante o tratamento veterinario, o animal vomitou restos de produtos farmacolóxicos e herbicidas.


Publicidade

Ante esta situación, o Concello decidiu pechar temporalmente o espazo canino e suspender o seu uso ata que as forzas de seguridade, Policía Local e Garda Civil, realicen unha investigación exhaustiva do lugar. No caso de atopar á persoa responsable, procederase a denunciala baixo a aplicación da Lei de Benestar Animal (Lei 17/2021), que regula estes delitos e prevé sancións graves para as persoas responsables de envelenar animais, que poden chegar a multas de ata 100.000 euros e penas de prisión nos casos máis graves.


Publicidade

"Queremos reafirmar o noso compromiso coa seguridade e o benestar de todas as veciñas e veciños, incluíndo as nosas mascotas. Seguiremos traballando para que este espazo sexa un lugar seguro e agradable para as familias de Silleda. Agradecemos a colaboración de todas as persoas veciñas e pedimos a súa comprensión ante esta situación. Facemos un chamamento a calquera persoa que poida ter información sobre os feitos para que a comunique ás autoridades", sinala o Concello.

0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page