top of page

Entregados os premios do certame CarnaBares 2024 de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As persoas e grupos premiados recolleron os galardóns, con máis de 1.100 euros en total en vales para mercar nos establecementos do municipio


Laura Moure/Silleda

Este luns entregáronse no Salón de Plenos do Concello de Silleda os premios da terceira edición do certame CarnaBares 2024, organizado pola Asociación de Comerciantes de Silleda (ECOS) en colaboración co Concello de Silleda para premiar aos mellores disfraces e dinamizar a hostalería local. En total repartíronse 1.150 euros aportados pola Concellería de Promoción Económica, que dirixe Paula Fernández Pena, consistentes en

vales para consumir en establecementos comerciais e hostaleiros do municipio de Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Na categoría colectiva o primeiro premio foi para “Familia Adams”, cun galardón de 500 euros, e o segundo para “Oz Silleda”, con 300 euros. O terceiro recaeu no grupo “Pipi e o pequeño tío”, ás que ECOS entregou unha cesta de “Caprichos de Entroido”.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Na individual, gañou Enma Rozados, unha nena disfrazada de “Máquina de bolas de chicle” (250 euros); e o segundo premio recaeu en “A donde vas solita caperucita” (100 euros) e o terceiro, con outra cesta de ECOS, foi para “Manolita monitorizada”.


Na entrega participaron a alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, Paula Fernández Pena; a concelleira de Cultura, Mónica González e as demais persoas membras do colectivo ECOS, a quen a alcaldesa agradeceu e felicitou por esta iniciativa.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O certame estivo aberto a toda a hostalaría de Silleda e da Bandeira (non só socios ECOS), polo que desfilaron as distintas persoas e grupos disfrazados.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page