top of page

Entregados os premios do certame CarnaBares 2023 de Silleda

As persoas e grupos premiados recolleron os galardóns, con máis de 1.100 euros en total en vales para mercar nos establecementos do municipio


Laura Moure/Silleda

Este martes entregáronse no Salón de Plenos do Concello de Silleda os premios da segunda edición do certame CarnaBares 2023, organizado polo colectivo ECOS en colaboración co Concello de Silleda para premiar aos mellores disfraces e dinamizar a hostalería local. En total repartíronse 1.150 euros aportados pola Concellería de Comercio, que dirixe Pili Peón, consistentes en vales para consumir en establecementos comerciais e hostaleiros do municipio de Silleda.

Na categoría colectiva o primeiro premio foi para “Heladería Manuel”, cun galardón de 500 euros, e o segundo para “Harry Potter”, con 300 euros. O terceiro recaeu nun grupo de amigas, con Helena Mayo e compañía, ás que ECOS entregou unha cesta de “Caprichos de Entroido”.


Na individual, gañou Enma Rozados, unha nena disfrazada de Pippi Calzaslargas (250 euros); e o segundo premio recaeu en Fátima Costoya (100 euros). O terceiro, con outra cesta de ECOS, foi para Daniel García López.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Na entrega participaron a concelleira de Comercio, Pili Peón, a presidenta de ECOS, Silvia López Romero, a concelleira de Cultura, Mónica González e as demais persoas membras do colectivo ECOS, a quen Peón agradeceu e felicitou por esta iniciativa. O certame estivo aberto a toda a hostalaría de Silleda e da Bandeira (non só socios ECOS), aumentando considerablemente o número de establecementos participantes respecto á primeira edición. Así, os participantes deste ano foron Café bar Debibián, Cafetería bar Pukará, Bodegón Esther, Tapería Mirtithas, Cafetería Maripepa, Café Ina, Bodegón Os Toneles, Bar Avenida, Café bar Maril, A Taberna do Músico, Cafeteria tapería Atly e Cafeteria Arume.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page