top of page

Entrega dos premios do Certame de Poesía Infantil de Nadal da Biblioteca Pública de Lugo

26 feb
1 min de lectura

Entre os gañadores hai alumnado de Antas de Ulla e Monterroso


Laura Moure/A Ulloa

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude entregou onte os premios do Certame de Poesía Infantil de Nadal que organiza a Biblioteca Pública de Lugo en colaboración con outras bibliotecas da provincia, entre elas da Ulloa.

En concreto, na presente edición participaron 13 bibliotecas, que organizaron as súas respectivas fases locais e designaron en total 96 gañadores para a final provincial. O certame estrutúrase en tres categorías por grupos de idade -ata os 16 anos-, e concedéronse tres premios en cada unha ademais de seis accésits.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

No listado definitivo de vencedores figuran cinco participantes de Lugo; Burela, Antas de Ulla e Outeiro de Rei contan con dous representantes en cada caso, e os demais proceden das bibliotecas de Xermade, Barreiros, Monterroso e Sarria. Os premios consistiron nun lote de libros, unha figura de Sargadelos e un diploma.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

O xurado da fase provincial estivo formado por Águeda Valín, xefa do Servizo de Coordinación Cultural da Xunta en Lugo; María Isabel Pérez Fórneas, directora da Biblioteca Pública de Lugo, a técnica do centro Isabel Vázquez Pérez, a actriz e dramaturga Ana Carreira e o xornalista Xulio Xiz, que actuou como secretario.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page