Entrega de carnés a efectivos de Protección Civil de Agolada e Vila de Cruces
- ecosdacomarca
- hace 22 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu onte o acto de entrega e renovación de carnés a varios efectivos da Protección Civil.

O acto tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra e nel entregáronse 38 carnés a efectivos das agrupacións de Agolada (6), Pontevedra (3), Tui (1); Vila de Cruces
(4); O Rosal (8); Meis (1); e Poio (15).
Publicidade
O delegado territorial aproveitou o acto para destacar o “gran traballo que levan a cabo
todos os voluntarios” e agradeceu o compromiso que teñen demostrado os efectivos
“priorizando o servizo á comunidade e a axuda aos demais ao seu propio lecer”.
Comentarios