top of page

En marchas as obras de mellora integral da pista de Rabo de Gato, en Moalde

Trátase dunha actuación que se realiza a través do Plan Marco, con máis de 100.000 euros de investimento


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca mellora integral das principais vias e accesos no rural. Así, veñen de comezar os traballos de mellora integral da pista de Rabo de Gato, na que a través do Plan Marco, acometese esta actuación nun tramo de case 2,5 quilómetros, dende o enlace ca N-640 , no Alto de Xindiriz, ata o entronque da estrada que discorre pararela dende Cervaña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As obras, con aglomerado en quente vertebran ademais os lugares de Casamaría e Rabo de Gato, nos que se mellorará notablemente o accesos aos mesmos. Os traballos foron adxudicados á empresa Taboada y Ramos por un importe de 104.382,83 euros, IVE engadido.


Laro, Breixa e Saídres

Tamén nos vindeiros días, neste caso con cargo á axuda do Plan de Rehabilitación de Camiños de zonas de Concentración ou Reestruturación Parcelaria (2023-24), asumindo tamén a parte que lle corresponde ao Concello a través dos fondos de Máis Provincia, actuarase nas parroquias de Laro, Breixa e Saídres. A día de hoxe xa se está a actuar nestes tres puntos, cos traballos de limpeza aos que seguirán os da renovación da capa de rodadura

Na parroquia de Laro, farase a mellora do vial que dá acceso ao lugar da Pereira, en Saídres actuarase na pista de Maragouzos e no caso de Breixa, o vial do lugar de Breixiña. Neste caso ás obras tamén foron adxudicadas a Taboada y Ramos, por importe de 201.375,28 euros, IVE engadido. “Con estes programas continuamos a liña de traballo dos últimos anos, aglomerando en quente os accesos principais e mellorando cunha dotación de maior durabilidade a nosa rede viaria”, explica a alcaldesa, Paula Fernández, que onte visitou os traballos en Rabo de Gato xunto co edil de Obras, Antonio Ferro, a tenenta de alcaldesa, Mónica González, e o director da obra.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page