top of page

Elas Eles: "O baleiro legal dos xurros: Cando o papel o aguanta todo, pero o monte non"

Ecos da Comarca/Xerañ

A Asociación Gandeiras e Gandeiros Galegos Elas Eles lamenta "o baleiro legal dos xurros". "Cando o papel o aguanta todo, pero o monte non", recalca.

Lodos de depuradora sen control aparente na abandonada mina de Touro (Bama). Foto enviada por Elas Eles. 
Lodos de depuradora sen control aparente na abandonada mina de Touro (Bama). Foto enviada por Elas Eles. 

"Estánnos vendendo control, pero hai unha porta de atrás. Analizando as novas instrucións técnicas (ITM-1-2025), atopamos un grave problema de trazabilidade que afecta tanto ao medio ambiente como á seguridade sanitaria das nosas granxas. O problema: Cando unha granxa xestiona os seus propios residuos, a administración mírao con lupa (parcela SIXPAC, cultivo, doses de nitróxeno...). Perfecto. Pero cando esa mesma granxa entrega o xurro a un xestor externo, a esixencia de dicir "ONDE" vai ese xurro desaparece do expediente", sinala a asociación.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

E explica que isto crea dous riscos xigantescos:

"A "Caixa Negra" dos Nitratos: Autorízanse ampliacións de granxas baseándose en contratos de recollida de residuos, sen verificar se o xestor ten terra real para botalo sen saturar o solo. Convértese un problema físico nun trámite burocrático. O Perigo Sanitario (Peste Porcina e Dermatose): A normativa permite botar xurros en terreos forestais. Ao perder a trazabilidade da parcela exacta, pódese estar botando xurro (potencialmente infectado) en zonas de monte cheas de xabarís. Lembrades que o xabarín é o principal transmisor da Peste Porcina Africana? Estamos poñendo o "cebo" directamente na casa do vector".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

E aclara que "non estamos en contra dos xestores, estamos en contra da opacidade. Esiximos que a trazabilidade sexa total, vaia o xurro por xestor ou por gandeiro. O risco sanitario e ambiental é demasiado alto para xogar á ruleta rusa cos papeis", conclúe.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page