Elas e Eles reúnese ca subdirectora xeral de Xestión da PAC e co xefe de servizo de Sanidade Animal
- ecosdacomarca

- hace 17 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Asociación de Gandeiras e Gandeiros Galegos Elas Eles, que está presidida polo cruceño Adrián Riádigos, reuniuse este luns coa subdirectora xeral de Xestión da PAC, Mª Dolores Souto, e co xefe de Servizo de Sanidade Animal, Jesús Oreja. Tratouse, tal e como explica o colectivo, dunha reunión de traballo na cal abordaron varios puntos.

"Falamos do enfado e a desafección coa sua xestión; de Mercosur, centrándonos en que eles consideran as salvagardas boas, pero nós non". Tamén falaron de temas como a dermatose nodular contaxiosa."Trasladamos que dende o 1 de marzo se vai prorrogar un mes máis o control coas mesmas restricións que ata día de hoxe e solicitamos máis cobertura en varios puntos en traslado de residuos, lodos etc.".
Publicidade
Tamén a asociación lles transmitiu que "a lei da cadea alimentaria non está funcionando, cando en estas semanas están a enviar cartas os/as gandeiras con ameazas de baixada de precio entorno a 7 e 9 céntimos. E ademais, solicitamos que cesen os ataques dende as canles públicas da Televisión de Galicia ao sector gandeiro en virtude de que un galo molesta ou unha vaca brúa...".
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Elas Eles reunirase esta tarde co BNG.







Comentarios