top of page

El Huevo de la Abuela de Melide recibe case 1 M€ da Xunta para o desenvolvemento de varios proxectos

A conselleira María José Gómez visitou as instalacións da explotación de Ecocentro que produce ovos campeiros baixo a marca de El Huevo de la Abuela


Ecos da Comarca/Melide

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reafirmou onte o apoio do Goberno autonómico ao sector avícola galego, unha aposta que se manifesta a través de iniciativas como as achegas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, que vén de aumentar o seu orzamento ata os 23 millóns de euros. Fíxoo nunha visita ás instalacións de El Huevo de la Abuela, marca da empresa Ecocentro, que producen ovos de galiña campeira en Melide, e que foi beneficiaria das axudas cunha achega de case 1 millón de euros para o desenvolvemento de varios proxectos.

Neste sentido, Gómez, que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e por membros da Corporación Municial, lembrou que se vén de ampliar a dotación orzamentaria desta partida, con 23 millóns de euros ata 2028, cando inicialmente estaba prevista con preto de 19.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Detallou que a convocatoria, correspondente a este ano, contou por primeira vez con dúas liñas subvencionables, unha centrada na concesión de achegas que aumenten o valor das producións agrarias, que incrementou o seu orzamento ata os 15 millóns de euros; e outra novidosa para investimentos con obxectivos ambientais, dotada con 7,9 millóns de euros.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A maiores puxo en valor os investimentos desde o ano 2016 nesta materia, chegando a financiarse máis de 600 proxectos. En concreto, o Goberno destinou 195 millóns de euros para seguir potenciando a industria agroalimentaria galega a través da transformación e comercialización dos seus produtos.


A conselleira resaltou na súa visita a aposta de Ecocentro pola innovación tecnolóxica e pola diferenciación dos seus produtos de alta calidade, con ovos campeiros comercializados baixo a marca El Huevo de la Abuela, e a cal a consolida como unha das principais empresas galegas produtoras de ovo campeiro en Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Neste senso, Ecocentro conta con máis de 220.000 galiñas e teñen unha produción semanal de 140.000 ovos campeiros. A maiores, dispoñen dunha capacidade de envasado de 480.000 ovos por xornada de traballo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page