EFerro, de Merza, acolleu unha nova edición da feira Artesanía de Galicia
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Coincidindo coa celebración dos Días Europeos da Artesanía, celebrouse o pasado sábado unha edición do evento Artesanía de Galicia en Merza en colaboración co obradoiro Eferro, no seu novo espazo de actividades culturais e lúdicas eferroGhalpón, nesta parroquia de Vila de Cruces. Ata alí achegouse a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. Trátase dun programa de feiras de comercialización de Artesanía de Galicia de carácter mensual.
PUBLICIDADE
Na edición de abril participan oito obradoiros de Artesanía de Galicia: A Casa Rodante, especializado en cerámica, téxtil e encadernación; Enxógate, dedicado aos xoguetes; Nobelo a Nobelo, de complementos de moda; Lumecú, de elaboración de roupa; Sanín Percusión Tradicional, de instrumentos musicais; Celso Ferreiro, especializado en coitelos; e os obradoiros Pipa Pirita e Roberto Buchanan, dedicados á xoiería.
PUBLICIDADE
No mesmo horario da feira -de 11:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas.- houbo obradoiros gratuítos e abertos a todos os públicos de elaboración de papel artesanal, impartido por A Casa Rodante, e de elaboración de chaveiros de zocos, impartido por Elena Ferro. A feira completou a súa programación cunha sesión vermú a cargo de Eris Mackenzie. ECOS DA COMARCA estivemos alí e nos vindeiros días sacaremos reportaxe en vídeo nas nosas redes sociais.








Comentarios